premio max
noticias

I Festival de Teatro Amador Galego AMATEGA. Vigo. España

26 Mayo 2015
I Festival de Teatro Amador Galego AMATEGA. Vigo. España

Dende Teatro Estepario estamos  colaborando coa organización do "Festival amador de Teatro na rúa" que organiza AMATEGA (Federación galega de teatro amador). Este Festival de Teatro Amador ten como ámbito a Comunidade Autónoma de Galicia.

O festival realizarase o dia 6 de Xuio durante todo o dia nas rúas de príncipe e o casco vello da cidade de Vigo.
 

 


1.-Ós OBXECTIVOS  deste festival son:

1. Mostrar é achegar á poboación o traballo que os grupos de teatro afecionado realizamos.

2. Fomentar e reforzar a relación a relación entre os grupos de teatro afecionado e o público.

3. Ser unha cita anual a través da cal os grupos poidan publicitar e amosar os séus traballos.

4.Crear foros de debate entre o público, actores,actrices,directoras/res , etc

Para participar no festival tan solo teriades que mandarnos os datos que vos pedimos no formulario que podedes atopar a  continuación,
http://www.amatega.es/inscricioacutens.html

 

2.- PARTICIPACIÓN.

1. Poderán participar todos aqueles grupos de teatro amador de Galicia que estean federados na Federación de Teatro Amador Galego Amatega que acepten as condicións reflectidas nas bases.

2. Poderán participar tamén todos aqueles grupos de teatro amador de Galicia que non estean federados.

3. Na edición do ano 2015 establécese un número máximo de 10 grupos. 2.1.- Modalidade Espectáculos curtos (sketchs): Non sobrepasarán os 20 minutos de duración e presentaránse en espazos abertos da cidade de Vigo, dentro dun percorrido deseñado pola Organización. Nesta edición a Asociación Teatro Estepario, A Asociación Arte Pingüe Teatro, xunto coa Federación de Teatro Amador Galego Amatega é a encargada da posta en marcha do Festival Amatega.

3.- DATAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN: O I Festival de Teatro Amador Galego Amatega terá lugar o día 6 de Xuño de 2015 en Vigo.

4.- PROGRAMA:

10:00/ 10:30 Chegada dos grupos de teatro participantes no festival

11:00 Lectura do pregón a cargo do director da revista galega de teatro RGT Antón Lamapereira , presentación do festival e tamén dos grupos participantes e das actividades que se van a levar a cabo durante o día.

11:30 Comenzo do Festival amenizando por grupo de música e pasarúas.

11:45 e 13:30 Representación de Sketchs nas rúas : Principe: Farola de Principe, escaleiras múseo do MARCO, Sireno. Paza da Constitución,Paza da Colexiata . Os Sketchs non durarán maís de 15minutos e serán representados polos grupos inscritos no festival

14:00 comida y convivencia entre os diferentes grupos de teatro no Hotel Axis C/Maria Berdiales

16:30 Pasarúas amenizado a cargo de grupo de música

16:45 a 19:00 Representación da segunda tanda de Sketchs teatrais nas mesmas calles q pola mañá.

19:30 Pequena charla a cargo de docente da ESAD sobre o significado de ser actor ou tema similar.

20:30 Representación de obra de teatro a cargo de grupo invitado

22:30 Cea no hotel Axis

5.- BASES DE PARTICIPACIÓN PARA OS SKETCHS TEATRAIS:

1. Poderanse presentar todos aqueles espectáculos que teñan en marcha os grupos participantes.

2. As obras presentadas desenvolveranse, preferentemente, en galego.

3. Enviarase a FICHA DE INSCRICIÓN A través da web da Federación: CUMPRIMENTANDO A FICHA DE INSCRIPCIÓN NA WEB DA FEDERACIÓN: Páxina web: www.amatega.es

Correo electrónico: federacionamatega@gmail.com programación@teatroestepario.com TELEFÓNOS: 628011709/693434756/667232679

4. Os grupos responsabilizaránse das tarefas de carga e descarga, así como da montaxe e desmontaxe de decorados, do seu atrezo e escenografía.

5. A organización ofrécese a coordinar cos grupos seleccionados a solución de calquera problema ou necesidade que puidera xurdir.

6. A Organización non se responsabiliza das taxas de dereitos de autor, Sgae, contidos e demais incidencias que se poidan derivar da representación dos espectáculos de cada un dos grupos participantes.

6.- SELECCIÓN DAS OBRAS PARTICIPANTES:

1. A Organización realizará a selección das obras participantes no FESTIVAL AMATEGA e comunicará a resolución. Os grupos non seleccionados entrarán a formar parte da lista de reserva segundo a orde que marque a Organización.

2. Unha vez comunicada a selección dos grupos, estes deberán efectuar o ingreso correspondente ao custo dos servizos utilizados (hotel, xantar, cea, almorzo). Hotel Axis : Habitación + almorzo:35 euros Xantar :10 euros Cea:10 euros Pensión completa :50 euros .

7.- PUBLICIDADE: A publicidade deste Festival correrá a cargo da Organización e se fará a través de medios de comunicación: Prensa escrita, radio, televisión e multimedia.

8.- CONFORMIDADE. Todos os grupos participantes, polo mero feito de selo, aceptan as presentes bases na súa totalidade e comprométense a participar nos actos para os que foron seleccionados. 

compartir:
rss facebook twitter
consultas recomendadas:
escenamateur
C/ Pintado Fe, 11. 33930 langreo asturias
presidencia@escenamateur.org
actividad subvencionada por el ministerio de cultura:
Ministerio de Cultura
MIEMBRO DE:
CIFTA AITA
colaboran:
sgae sg artes femp
Financiado por la Union Europea
Plan de recuperación, transformacion y resilencia