premio max
noticias

PRESENTACIÓN SON D´ALDEA 2016

02 Septiembre 2016
PRESENTACIÓN  SON D´ALDEA 2016

Presentación Son d’Aldea 2016 Prezadas e prezados amadoras e amadores do mundo rural: Benvidas e benvidos á VI edición de Son d’aldea. Viaxaredes no tempo, devagar, imaxes, lugares, persoas, ecoará a voz, o son dos anos corenta e cincuenta do século pasado. Mergullarédesvos nun remuíño de sensacións agudas e certas, perdéndovos polos seguintes escenarios: A PEDIDA, A PANILLADA, A AMA, AS CRIADAS, CARA O MUÍÑO, O CURANDEIRO, OS MARANTES E OS VARELAS, OS BOCADOS, CAMIÑO DO ALBOROQUE, A SEGA DO TRIGO, AS DEZ, A CASETEIRA, O SENTIR DOS NENOS, AS COSTUREIRAS, O XUÍZO e O AUTOBÚS. Dezaseis escenarios para esmorecer e extraviar o mundo de hoxe. Dezaseis escenarios construídos con agarimo e sensibilidade, con dedicación, esforzo e tempo, con risas, ánimo e nervios. Veciños de Albá e Santo Xusto, persoas chegadas de Arzúa, Compostela, Borneiro, Laxe, Taboada, Chantada…, todos eles recrean este mundo único, íntimo, o mundo da aldea, un día enteiro de vivencia aldeá, de amor polo que somos. A vosa contribución económica propicia a recuperación e posta en valor de espazos, lendas, historias verdadeiras que aconteceron, vocabulario esquecido, cancións, contos, espíritos que vagan polos camiños…. A vosa contribución económica favorece a interacción e o contacto entre as persoas destas aldeas, aldeas de Galiza, o coñecemento dos costumes, das crenzas, da verdadeira historia e vida dos heroes e heroínas anónimos polas que a miúdo foron desairados, e ata desprezados e tidos en menos. Hoxe, mercé a vós, terán estima e aplauso. Hoxe darémoslles as grazas, e mirarémolos con aprecio. O que ides ver e percibir é froito de máis de cen persoas ao longo de varios meses de reunións e ensaios, é froito dun inxente esforzo e tempo consciente dedicado. Máis de cen persoas, coordinadas, aportando o que cada unha pode e como mellor sabe, todas con enorme ilusión. Moitas grazas pola túa participación!!! Sen ela proxectos coma este non poderían ser realidade!!! Que é Son d’Aldea? Son d’Aldea é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa das persoas que se acheguen a Albá (Palas de Rei, Comarca da Ulloa) nesa xornada festiva.Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente. Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios e que ofrece unha visión de diversos oficios do rural galego a mediados do século XX; dun Xantar con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha Romaría Tradicional que pechará este evento. Esta xornada acompáñase dunha Mostra de Artesanía Alimentária e outra de Oficios Artesáns, que pretenden amosar as novas formas da economía na aldea. Unha radiografía subxectiva da situación do rural cargada de emoción e sensibilidade e con vontade de reflectir a filosofía vital do ser humano que habita esa contorna.

PROGRAMA: http://sondaldea.galiciasustentable.org/programa-2016/

compartir:
rss facebook twitter
consultas recomendadas:
escenamateur
C/ Pintado Fe, 11. 33930 langreo asturias
presidencia@escenamateur.org
actividad subvencionada por el ministerio de cultura:
Ministerio de Cultura
MIEMBRO DE:
CIFTA AITA
colaboran:
sgae sg artes femp
Financiado por la Union Europea
Plan de recuperación, transformacion y resilencia